InicioSucesosDous mozos detidos por agresión a outros menores para roubarlles as sudadeiras

Dous mozos detidos por agresión a outros menores para roubarlles as sudadeiras

Un menor explicou aos axentes que se atopaba con outros compañeiros á altura do parque na rúa Emilia Pardo Bazán, e foron abordados por dous mozos que, de maneira intimidatoria e con ameazas, esixíronlles os teléfonos móbiles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous mozos, de 17 e 18 anos de idade, un de nacionalidade venezolana e outro español, como presuntos autores dun delito de roubo con violencia. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde deste mércores, cando un home se presentou en Comisaría, en compañía do seu fillo de 14 anos, para denunciar que o menor fora vítima dun roubo violento ao saír de clase.

O neno explicou aos axentes que se atopaba con outros compañeiros á altura do parque na rúa Emilia Pardo Bazán, e foron abordados por dous mozos que, de maneira intimidatoria e con ameazas, esixíronlles os teléfonos móbiles.

Ao dicirlles que non os tiñan, os ladróns esixiron que lle entregasen as sudaderas que levaban postas. Ao volverse a negar, os dous mozos agredíronos “con gran violencia”, quitáronlles as pezas pola forza e fuxiron do lugar. Tras ter coñecemento destes feitos, varias patrullas iniciaron a procura dos ladróns, que foron localizados esa mesma tarde na rúa Salgueira.

Ao decatarse da presenza policial, os sospeitosos emprenderon a fuxida á carreira, tentando despistar aos axentes, e chegaron a separarse para dificultar así a súa captura. Con todo, foron finalmente interceptados e detidos na rúa Pai Feijóo. Ambos foron trasladados a Comisaría, onde a Policía contactou cos titores legais do menor. As actuacións foron postas en coñecemento do xulgado de garda e da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

MARISCO SEN GUÍA SANITARIA

A Garda Civil interceptou este mércores a un condutor de nacionalidade portuguesa que transportaba nun turismo 330 quilos de ameixa e berberecho sen guía sanitaria de orixe nin documentación. Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a incautación tivo lugar nun control de seguridade viaria establecido na ponte internacional de Tui, na autovía A-55.

No transcurso deste operativo, interceptouse un vehículo de matrícula portuguesa, en cuxo interior se descubriu un cargamento de 270 quilos de berberechos e 60 quilos de ameixas de varios tipos. Os moluscos viaxaban sen ningún tipo de documentación e nun vehículo non adecuado para o seu transporte, polo que o Seprona realizou unha inspección complementaria.

Ao non poder acreditarse a procedencia do marisco, a carga foi incautada, e o vehículo quedou en depósito (para o que se solicitou apoio da unidade operativa do Servizo de Gardacostas, con sede en Vigo). Por outra banda, o condutor do coche foi denunciado ante a Consellería do Mar, por unha suposta vulneración da lei de Pesca de Galicia.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...