InicioSucesosDana varios coches cunha bici infantil e colga os vídeos en Internet

Dana varios coches cunha bici infantil e colga os vídeos en Internet

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a un mozo que causou danos en dous coches estacionados nun garaxe comunitario en Sabarís, Baiona, tras subir coa súa bicicleta para realizar saltos acrobáticos e logo colgar os vídeos nas redes sociais, informaron fontes do instituto armado.

A investigación partiu das denuncias dos propietarios de dous dos vehículos afectados, que presentaban danos materiais con raias e abolladuras no capó e na parte frontal.

Máis adiante, a Garda Civil tivo coñecemento da circulación dun vídeo polas redes sociais no que se podía ver como un mozo, utilizando unha bicicleta infantil que había no mesmo garaxe, tentaba facer saltos acrobáticos sobre os capós dianteiros dos dous coches.

Aos danos causados nos vehículos súmanse os danos que sufriu a bicicleta, que terminou practicamente inutilizada, coas dúas rodas rotas e o manillar torcido. En total, o valor estimativo dos danos dos dous coches e a bicicleta poden superar os 1.500 euros, sinala a Garda Civil.

As pescudas concluíron coa identificación do presunto autor dos feitos, un mozo con domicilio en Ourense de 25 anos de idade ao que se lle notificou a súa condición de investigado como suposto autor dun delito de danos materiais. Deberá comparecer no Xulgado de Instrución de garda de Vigo cando sexa notificado.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...