InicioSucesosTrasladada ao hospital de Vigo unha muller rescatada no mar en Cangas

Trasladada ao hospital de Vigo unha muller rescatada no mar en Cangas

Un particular que estaba no areal lanzouse ao mar e logrou rescatar o corpo, mentres que foron mobilizados efectivos de Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Salvamento Marítimo, Gardacostas, e 061.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 90 anos de idade, J.F.P., foi trasladada en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, despois de ser rescatada do mar e reanimada na praia de Vilariño, na parroquia de Aldán, en Cangas.

Segundo informaron  fontes do 112 Galicia e do 061, os feitos tiveron lugar sobre as 15,30 horas, cando un particular alertou a emerxencias pola presenza do corpo dunha muller que flotaba na auga, cara ao final da praia.

Un particular que estaba no areal lanzouse ao mar e logrou rescatar o corpo, mentres que foron mobilizados efectivos de Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Salvamento Marítimo, Gardacostas, e 061.

Os sanitarios lograron reanimar á muller, que foi evacuada inmediatamente polo helicóptero do 061 (que ten base en Santiago) ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...