InicioSucesosDetido un veciño de Vigo por ameazar aos viandantes cun machete "de...

Detido un veciño de Vigo por ameazar aos viandantes cun machete “de grandes dimensións”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía detivo a un veciño de Vigo de 39 anos de idade, identificado como F.J.P.R., por ameazar a varios viandantes e axentes policiais cun machete, e por acosar a unha muller na vía pública.

Segundo informaron fontes do 092, os feitos tiveron lugar o pasado venres pola tarde , cando se recibiu un aviso da presenza dun home en actitude violenta, e que rompera dun golpe o portelo dun coche na zona de Pi e Margall. Cando a patrulla se presentou no lugar non localizou ao sospeitoso, ao que tamén estaban a buscar dotacións da Policía Nacional.

Minutos despois, a Policía recibiu outra chamada que o situaba na Avenida da Florida onde, presuntamente, acosara a unha moza, que tivo que refuxiarse nunha cafetaría da zona. Neses momentos, varias testemuñas iniciaron a persecución deste home, e observaron que levaba un machete, co que os ameazou.

Axentes de Policía Local e Nacional localizaron ao sospeitoso na Avenida Castelao e, ao ser abordado, mostrouse “notablemente alterado”, esgrimindo o machete, “de grandes dimensións”, á vez que ameazaba con usalo contra os funcionarios. Finalmente, o home foi reducido e detido.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...