InicioSucesosInterveñen unha escopeta e dous coitelos tras unha liorta en Vigo

Interveñen unha escopeta e dous coitelos tras unha liorta en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño da cidade, ao que lle requisaron unha escopeta de balíns e dous coitelos, e que estivo implicado nunha liorta na zona de Rivera Atienza.

Segundo explicaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do xoves, cando o 091 recibiu un aviso de que se producía unha liorta nas proximidades dun parque infantil no barrio de Rivera Atienza.

Cando as patrullas se desprazaron ao lugar, atopáronse cun grupo de persoas, algunhas delas armadas con paus, que participaban nunha pelexa. A Policía identificou a varios dos presentes e detivo a un deles, que portaba unha escopeta de balíns e uns coitelos. Ademais, os axentes tiveron que pedir reforzos posto que algunhas persoas “tentaron linchar” ao home detido.

O arrestado, veciño da zona, foi trasladado a comisaría, e tamén se citou a varias testemuñas para tomarlles declaración.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...