InicioSucesosO xulgado xa ten o atestado do incendio no que resultaron afectados...

O xulgado xa ten o atestado do incendio no que resultaron afectados decenas de vehículos en Bouzas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil fixo entrega no Xulgado de Instrución número 4 de Vigo do atestado elaborado tras o incendio no que se viron afectados en torno 40 de vehículos na zona de Bouzas.

En concreto, o informe foi trasladado este xoves a este xulgado da cidade olívica co obxectivo de esclarecer o suceso que tivo lugar hai dúas semanas durante a celebración das festas do barrio vigués.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) explicaron a Europa Press que, dado que o informe foi recibido este xoves, o xuíz que leva a causa aínda non puido adoptar decisión algunha sobre posibles responsabilidades.

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, relatou que o incidente se produciu cando unha furgoneta branca dunha pirotecnia dirixiuse cara ao paseo da zona, que se atopaba pechado ao paso cunha cadea.

Ao parecer, despois de que o vehículo se achegara á zona do faro, arroxáronse bombas de palenque a uns 20 ou 30 metros da parte na que se atopaban uns 200 vehículos, dos que ao redor de 40 quedaron afectados. Así, os custos derivados dos danos poderían ascender a 1,5 millóns de euros.

Ademais, o presidente do Porto avanzou a personación desta administración na causa ao entender que o “comportamento” das persoas que provocaron o incendio non pode ser “aceptable” e insistiu en que o lanzamento pirotécnico non estaba autorizado.

ÚLTIMAS

De Baiona a Bruxelas: a iniciativa cidadá que cambiará a seguridade infantil nos coches europeos

Pedro Telmo, veciño de Baiona, impulsou unha campaña en Change.org que superou as 62.500...

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...