InicioSucesosOutra multa por usar un patín eléctrico sen seguro nin carné por...

Outra multa por usar un patín eléctrico sen seguro nin carné por parte dun menor

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias, que remitirá á Fiscalía de Menores, polas “anomalías” detectadas no uso dun patinete eléctrico por parte dun mozo de 14 anos de idade.

Segundo informaron fontes policiais, este mozo foi interceptado cando conducía o patinete (no que ía tamén outra persoa) por un carril de circulación da rúa Travesía de Vigo. Os axentes verificaron as características do vehículo e comprobaron que, pola súa potencia, necesita levar placa de matrícula e ter subscrita unha póliza de seguros.

O mozo condutor alegou que descoñecía esa obrigación e recoñeceu que non fixera eses trámites, polo que se interpuxeron senllas denuncias por “irregularidades”. Ademais, ao ter 14 anos de idade, o denunciado tampouco ten permiso para a condución de vehículos, polo que o patinete foi inmobilizado.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...