InicioVigo e contornaRedondelaDous días de loito en redondela tras a morte de tres mozos...

Dous días de loito en redondela tras a morte de tres mozos de entre 17 e 18 anos no accidente da AP-9

Conmoción no concello polos tres mozos que estudiaban no IES Mendiño. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou as condolencias da institución provincial ás familias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Redondela (Pontevedra) decretou dous días de loito oficial tras o tráxico falecemento de tres estudantes nun accidente de tráfico ocorrido este mércores na autoestrada AP-9 á altura da parroquia viguesa de Teis.

A Xunta de Portavoces de Redondela reuniuse de urxencia este xoves e acordou decretar estes dous días de loito no municipio, onde os edificios institucionais xa locen bandeiras a media hasta e crespóns negros. Así mesmo, nestes dous días quedan suspendidos todos os actos organizados polo concello.

LOITO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou as condolencias da institución provincial ás familias, amigas e amigos das dúas mozas de Redondela e do mozo de Pazos de Borbén falecidos a noite deste xoves nun tráxico accidente da AP-9, ao seu paso pola zona viguesa de Teis.

Desde primeira hora, as bandeiras da Deputación nas sedes de Pontevedra e Vigo ondean a media ata en sinal de respecto e dor. “Creo que neste momento toda a provincia de Pontevedra quere estar á beira das familias, das amigas e dos amigos dos mozos e do mozo de Redondela e Pazos, e dos veciños destas localidades. De verdade que o sentimos moitísimo”, asegurou Carmela Silva, “eran persoas moi novas e tiñan toda a vida por diante”.

O sinistro ocorreu pasadas as 21,00 horas na AP-9 á altura da Raqueta de Torres de Padín, en dirección a Vigo. Un turismo ocupado por cinco novos saíuse da vía e, tras chocar contra un alicerce dun viaduto e contra o gardarraíl, acabou envorcando.

Como consecuencia do impacto, faleceron tres ocupantes do coche, dúas mozas e un mozo de entre 17 e 18 anos de idade. Unha moza saíu despedida do vehículo, mentres que os outros dous falecidos tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

Por outra banda, o condutor do coche, M.M.V., de 18 anos de idade, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao hospital Álvaro Cunqueiro, e o copiloto foi evacuado ao centro hospitalario Vithas Nosa Señora de Fátima da cidade olívica.

Tras recibir o aviso do accidente o 112 Galicia mobilizou ademais da emerxencias sanitarias, a bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Vigo e Redondela e a persoal de autoestradas. Ademais, solicitouse a intervención do persoal do Grupo da Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias para prestar apoio ás familias das vítimas.

CONMOCIÓN EN REDONDELA

A tráxica morte destes mozos causou enorme conmoción no municipio de Redondela, de onde eran todos orixinarios, aínda que o mozo falecido vivía en Pazos de Borbén. O concelleiro redondelano de seguridade en funcións, Arturo González, en declaracións a Europa Press, explicou que os mozos, todos alumnos do IES Mendiño “son bos estudantes, de familias coñecidas e queridas en Redondela”.

O edil sinalou que responsables municipais se reunirán coa comunidade educativa para determinar se se realiza algún tipo de acto ou homenaxe.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...