InicioSucesosDetida tras nove roubos unha organización criminal na Cañiza

Detida tras nove roubos unha organización criminal na Cañiza

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guardia Civil detivo a tres veciños do municipio da Cañiza en relación a seis roubos con forza en vivendas, dúas en hoteis e un nun restaurante do municipio. Xa venderan no mercado de segunda man boa parte dos obxectos que subtraeran.

Segundo informou o Instituto Armado, por mor das pescudas sobre os roubos producidos durante os últimos meses, a Garda Civil da Cañiza logrou interceptar un vehículo no que circulaban dous dos sospeitosos investigados.

Os efectivos do Posto da Guardia Civil da Cañiza procederon á detención de tres veciños do municipio identificados como F.E.R., de 33 anos; M.A.P., de 31; e E.G.P., de 22, aos que se lles vincula con nove roubos con forza. Deles seis foron cometidos en vivendas e outro tres en dous hoteis e un restaurante da localidade.

Ademais dos efectos que gardaban dous dos detidos nos seus domicilios, a Guardia Civil puido recuperar outro lote de obxectos que xa foran vendidos nun establecemento de compra venda de artigos de segunda man en Vigo.

crime organizado

A planificación dos roubos que viñan cometendo baixo o mesmo modus operandi e a repartición das tarefas ou funcións de cada un deles, deu lugar a que, ademais dos delitos de roubo, atribuíseselles tamén outro ilícito penal de organización criminal, na que “dous deles eran os verdadeiros impulsores da actividade delituosa”, destacan as mesmas fontes. O terceiro era o que ía recollelos ao lugar dos feitos e trasladalos a Vigo para vender os efectos, engaden.

Os tres detidos foron postos este xoves a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ponteareas, que decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza, para dous deles. Pola súa banda, acordou liberdade provisional e sen fianza para o terceiro, coa obrigación de comparecer periodicamente no xulgado.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...