InicioSucesosUnha moza da Guarda é sorprendida mentres intentaba roubar un coche

Unha moza da Guarda é sorprendida mentres intentaba roubar un coche

A Garda Civil detivo a unha nova, de 22 anos, na Guarda. A sorprenderon cando tentaba romper o portelo dun coche que estaba estacionado na vía pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na Guarda a unha nova, de 22 anos,  á que sorprenderon cando tentaba romper o portelo dun coche que estaba estacionado na vía pública.

Segundo informou o corpo a través dun comunicado, os feitos sucederon este luns pola mañá, cando recibiron unha alerta cidadá que informaba de que “a plena luz do día” unha persoa estaba a tentar romper o portelo dun turismo aparcado nas inmediacións dunha parada de bus.

Unha patrulla que se atopaba preto do lugar sorprendeu á muller, que golpeaba o vehículo cunha pedra, coa suposta intención de romper o cristal da porta do copiloto.

A detida, de 22 anos, é veciña da Guarda e ten antecedentes policiais relacionados coa tenencia e consumo de estupefacientes, que sería detida por un suposto delito de tentativa de roubo con forza nas cousas.

Despois de ser trasladada ás dependencias do Posto da Garda Civil na Guarda, para ultimar a instrución das dilixencias, foi posta en liberdade coa obrigación de comparecer ante o Xulgado de Instrución de Tui cando sexa requirido.

ÚLTIMAS

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...

Protestan ante o Concello de Vigo para pedir alternativas habitacións para persoas sen fogar que estaban na Acampada

Decenas de persoas protestaron na mañá deste luns ante as portas do Concello de...