InicioSucesosUnha familia pide axuda para localizar un veciño de Vigo desaparecido dende...

Unha familia pide axuda para localizar un veciño de Vigo desaparecido dende hai varios días

José Óscar Mosquera Santás foi visto por última vez hai uns días e os seus achegados sinalan que leva semanas desorientado e que padece unha enfermidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A familia de José Óscar Mosquera Santás, veciño de Vigo do que non se teñen noticias desde hai varios días, iniciou unha chamada pública á colaboración cidadá para tentar dar co seu paradoiro.

O aviso foi difundido a través das redes sociais polo seu fillo, Joni, que compartiu unha fotografía do desaparecido coa intención de facilitar a súa identificación. Segundo explicou, o seu pai leva “semanas desorientado” e é “unha persoa enferma”, unha circunstancia que incrementou a preocupación entre os seus achegados tras perder o contacto con el.

“A familia estamos preocupados”, indicou o fillo na mensaxe publicada nas redes, na que solicita que calquera persoa que poida ter información sobre José Óscar Mosquera Santás axude a localizalo.

A familia tamén difundiu algúns dos lugares polos que o veciño adoita moverse ou permanecer con frecuencia, co obxectivo de orientar a procura e aumentar as posibilidades de que alguén poida recoñecelo.

Entre esas zonas atópanse a Gran Vía, a rúa Marín, en Coia, Balaídos, A Florida e Fragoso, diferentes puntos da cidade que forman parte dos seus percorridos habituais.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...