InicioSucesosUn ferido ao caer unha árbore sobre unha furgoneta na A-55, no...

Un ferido ao caer unha árbore sobre unha furgoneta na A-55, no Porriño,

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na mañá deste mércores na A-55, ao seu paso por Porriño, en Pontevedra, ao caer unha árbore sobre unha furgoneta á altura da parroquia de Budiño. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 9,40 horas, cando un particular alertou da caída dunha árbore sobre o vehículo no quilómetro 22, sentido Tui.

Os bombeiros do Porriño desprazáronse de inmediato ao lugar e confirmaron que a árbore interrompía a circulación na vía. Nestes momentos, os servizos de emerxencias traballan na retirada da árbore e na normalización do tráfico. o operativo participan, ademais dos bombeiros, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil do Porriño e os servizos de mantemento da autovía.

ÚLTIMAS

Investigados catro menores por golpear e vexar a outro de 12 en Nigrán e difundir vídeos

A Garda Civil investiga a catro menores, tres homes e unha muller de entre...

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Cortado un carril da AG-57, en Gondomar, ao saír da vía un camión

Un carril da AG-57, ao seu paso por Vincios, en Gondomar, permanece pecho ao...

Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven un sistema con IA que predí a calidade do aire en 3D

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e...