InicioSociedadeInvestigados catro menores por golpear e vexar a outro de 12 en...

Investigados catro menores por golpear e vexar a outro de 12 en Nigrán e difundir vídeos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a catro menores, tres homes e unha muller de entre 16 e 17 anos, todos eles veciños de Nigrán como presuntos autores de delitos de lesións, contra a integridade moral e ameazas por agredir a un menor de 13 anos de idade. Ademais, outro rapaz de 13 anos foi identificado.

Segundo informou o Instituto armado, os feitos ocorreron o pasado 10 de xaneiro, cando varios dos investigados retiveron ao menor e levárono á forza a un canellón da zona, onde o agrediron. A Garda Civil sinalou que unha das menores investigadas fixo un vídeo da agresión, no que aprecian como é golpeado e zarandeado, obrigándoo a pórse de xeonllos. O vídeo foi posteriormente compartido entre varios menores.

A vítima da agresión, acompañado da súa nai, presentou unha denuncia no Cuartel da Garda Civil de Baiona, que puxo en marcha a investigación co obxectivo de lograr a identificación de todos os implicados, así como das numerosas testemuñas. A Garda Civil explicou que grazas á colaboración dos diferentes colexios e institutos do Val Miñor, logrouse identificar a todos os implicados. Ademais, os axentes determinaron como mentres uns eran os autores materiais da agresión, outros gravaron a mesma ou axudaron á súa difusión.

Ademais, segundo o relato policial, outro menor amigo dos agresores, tamén investigado e que non se atopaba no lugar dos feitos, comezou a escribir mensaxes ameazantes á vítima para evitar a denuncia. As dilixencias foron postas a disposición da Fiscalía de Menores.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...