InicioSucesosO TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos de cárcere imposto pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra a un home por agredir sexualmente, de forma continuada, ao fillo da súa parella desde os 9 ata os 17 anos no domicilio no que convivían. Ademais, durante o xuízo un irmán menor desvelou tamén abusos.

A sala rexeita, por tanto, o recurso do apelante, pois sostén que as probas practicadas, “pola súa contundencia”, son máis que suficientes para non considerar infrinxido o principio de presunción de inocencia. Así, o TSXG sinala que existe “unha consistente declaración da vítima, de varias testemuñas e peritos, e unha non menos importante documental (whatsaps)”, que foron “correctamente valoradas” pola Audiencia Provincial, levándolle á “plena convicción da autoría e culpabilidade do acusado”.

Por estes feitos, o home foi xulgado en sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, que considerou probado que o acusado, que mantivo unha relación sentimental coa nai da vítima desde 2002 ata 2018, aproveitaba a convivencia para agredir sexualmente ao mozo, de forma continuada, en “múltiples ocasións”, desde que este tiña 9 anos e ata que tivo 17. As agresións incluían tocamentos, penetracións, felacións e outros abusos, e o home tiña ameazado ao menor para que non contase nada do que lle facía.

O tribunal considerou ao procesado autor dun delito continuado de agresión sexual e impúxolle a pena de 15 anos de cárcere, e a prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima por tempo de 25 anos. Igualmente, prívao da patria potestade respecto do seu fillo menor de idade por un tempo de 10 anos e inhabilítao para dedicarse a oficios ou actividades que impliquen trato con menores. A Audiencia tamén lle impuxo a medida de liberdade vixiada durante 10 anos tras a súa saída de prisión, e a obrigación de someterse a un programa de educación sexual. En canto á responsabilidade civil, fixa unha indemnización para a vítima de 35.000 euros.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...