InicioSucesosDetida en Bouzas tras rabuñar e empuxar aos policías que trataban de...

Detida en Bouzas tras rabuñar e empuxar aos policías que trataban de separala dunha pelexa na que estaba implicada

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron no paseo Paz Andrade de Bouzas sobre as 04.20 horas onde se estaba producindo unha liorta na que estaban involucrados varios mozos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha nova, de Brasil e 23 anos de idade, foi detida en Vigo na madrugada deste pasado luns tras supostamente rabuñar e empuxar aos policías que trataban de separala dunha liorta na que estaba implicada. Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron no paseo Paz Andrade de Bouzas sobre as 04.20 horas onde se estaba producindo unha liorta na que estaban involucrados varios mozos.

Unha vez solucionada esa situación, os axentes volveron ser requiridos debido a que preto había tres mozas que estaban a pelexar. Cando chegaron os funcionarios, dous delas cesaron, mentres que a terceira, que sangraba polo nariz, trataba de seguir coa disputa. Por iso, comezou a empuxar aos funcionarios, que tiveron que suxeitala para que detivese a súa actitude. Lonxe de serenarse, elevou o seu estado de agresividade, producíndolle rabuñaduras nos brazos a un dos policías, sendo detida pola a suposta comisión dun delito de resistencia e desobediencia.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...