InicioSucesosDetido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario...

Detido un veciño do Porriño que deu unha malleira a un septuaxenario para roubarlle

Grazas á intervención doutra persoa que practicaba deporte na zona, o septuaxenario foi socorrido e trasladado en ambulancia ao centro de saúde, para ser atendido das súas feridas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo de Policía Xudicial dGarda Civil de Vigo detivo a un home de 42 anos, veciño do Porriño, con múltiples antecedentes penais e policiais, como presunto autor dun delito de roubo con violencia, lesións e omisión do deber de socorro. A detención produciuse en relación a uns feitos ocorridos o pasado 13 de maio no Paseo do río Louro, no Porriño, onde o sospeitoso presuntamente abordou a un home de 71 anos de idade, ao que propinou diversos golpes na cabeza e no corpo.

Cando o home estaba en estado de ‘shock‘, o investigado subtraeulle 150 euros, un teléfono móbil e documentación persoal, que logo arroxou ao río. Grazas á intervención doutra persoa que practicaba deporte na zona, o septuaxenario foi socorrido e trasladado en ambulancia ao centro de saúde, para ser atendido das súas feridas. O detido, xunto ás dilixencias practicadas, foron entregados no xulgado de instrución do Porriño, que acordou a posta en liberdade do investigado, coa medida cautelar de afastamento da vítima.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...