InicioSucesosDetidos en Vigo relacionados cunha rede de distribución de imaxes íntimas de...

Detidos en Vigo relacionados cunha rede de distribución de imaxes íntimas de mulleres

O operativo policial saldouse con 11 detidos en todo o Estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional desarticulou unha rede criminal, coa detención de 11 persoas en varias provincias españolas, entre elas nas cidades de Santiago e Vigo, que se dedicaba á difusión de imaxes íntimas de mulleres previa subscrición a unha canle de mensaxería instantánea.

A investigación iniciouse tras ter coñecemento a través do correo redesabiertas@policia.es pola difusión de material audiovisual de mulleres que non deran o seu consentimento, o que permitiu á Policía localizar ao líder da trama, que chegou a obter o contido sensible de máis dun centenar de mulleres.

Segundo informou a Policía, a investigación permitiu deter a 11 persoas –incluído o líder da trama– nas cidades españolas de Valencia, Zaragoza, Vigo, Santiago de Compostela, Avilés e Hospitalet de Llobregat, así como identificar a 26 vítimas ata o momento.

ACCESO A PERFÍS PRIVADOS

As investigacións dos axentes permitiron detectar que o líder da trama obtiña contido privado das vítimas mediante o acceso aos seus perfís privados, de onde o extraía sen autorización e vulnerando as normas da plataforma. Unha vez que posuía o material audiovisual distribuíao sen coñecemento nin consentimento das vítimas a través de canles de mensaxería instantánea que creou para a súa difusión.

Durante a investigación levou a cabo un rexistro no domicilio do responsable da trama no que se interveu un computador e tres terminais móbiles, podendo localizar e descargar 568 cartafoles que contiñan case 120.000 arquivos.

Ademais, localizouse unha rede de colaboradores que intercambiaban material co principal arrestado e unha rede de “mulas” que lle daban soporte financeiro. Esta rede de “mulas” recibía en contas bancarias propias o diñeiro procedente do delito para despois facerllo chegar ao líder da estrutura criminal.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...