InicioSucesosDetida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha vez chegou a Policía Local ao lugar, comprobou que había tres mulleres na vivenda, sufrindo unha delas, de 77 anos de idade, unha insuficiencia respiratoria, polo que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde do pasado luns tras supostamente saltarse unha orde de afastamento da súa nai, que tivo que ser trasladada ao hospital. Os feitos ocorreron minutos antes das 16.00 horas na rúa Serafín Avendaño, onde se estaba producindo unha discusión nun domicilio. Unha vez chegou a Policía Local ao lugar, comprobou que había tres mulleres na vivenda, sufrindo unha delas, de 77 anos de idade, unha insuficiencia respiratoria, polo que foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Outra das mulleres resultou ser a agora detida, sendo informados os actuantes que era a filla da anciá trasladada, á cal deran de alta o día anterior tras un ingreso hospitalario. Por iso, a súa filla acudira a visitala. Segundo a Policía Local, desde a mañá do día da data a identificada estaba en estado ebrio, comezando unha discusión, “o que provocou a chamada alertante e posiblemente o novo traslado da anciá”. Mediante cotexo da base de datos policial, os axentes pescudaron constáballe unha orde de afastamento de 100 metros e prohibición de comunicarse coa súa nai, polo que foi detida por quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...