InicioSucesosDetido en Vigo un mozo que circulaba tras consumir drogas e posuía...

Detido en Vigo un mozo que circulaba tras consumir drogas e posuía haxix, anfetaminas e viagra no seu coche

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, A.R.A. de Vigo e 33 anos de idade, foi detido na mañá do pasado luns tras ser interceptado mentres circulaba drogado e con varios estupefacientes en distintas cantidades, viagra e diñeiro en efectivo no seu coche.

Tal como informa a Policía Local, os feitos ocorreron na rúa Emilio Martínez Garrido, cando os axentes observaron que un condutor non sinalizaba co intermitente un cambio de dirección. Por iso, procederon a darlle o alto, comprobando que o home presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de sustancias. Ao realizarlle a proba, deu positivo en anfetaminas, metanfetaminas e cocaína.

A maiores, realizouse unha inspección do interior do vehículo, atopando máis de 15 gramos de haxix, 3,4 gramos de anfetaminas, cantidades menores a un gramo de speed e de MDMA, así como dous porros e dúas pastillas de viagra. Ademais, no interior do automóbil había case 300 euros en efectivo fraccionados en billetes de 100, 50, 20, 5 e moedas dun euro. Ante esta situación, o home foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...