InicioSucesosTrasladan ao hospital a cinco persoas intoxicadas por monóxido de carbono en...

Trasladan ao hospital a cinco persoas intoxicadas por monóxido de carbono en Vigo

Aconteceu por unha fuga nun quentador de gas en mal estado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cinco persoas dunha mesma familia foron trasladadas este sábado ao hospital tras resultar intoxicadas por monóxido de carbono en Vigo, debido a unha fuga nun quentador de gas en mal estado. Segundo indicou o 112 Galicia, foi ao redor da medianoite cando profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaron a intervención doutros servizos de emerxencia por varias persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda da Travesía de Vigo. Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron o escape nun quentador de gas en mal estado e procederon a ventilar as estancias. Pola súa banda, o persoal sanitario encargouse do traslado do cinco persoas afectadas ao hospital.

INCENDIO NUN GARAXE

Doutra banda, rexistrouse un incendio nun garaxe de Tui, concretamente no lugar de Corvaceiras, en Randufe. Aínda que a estrutura do garaxe quedou moi danada, non houbo que lamentar danos persoais, con todo, o lume calcinou un coche e unha moto, así como diferentes mobles e materiais almacenados no interior. O 112 Galicia foi alertado pasadas as 23.00 horas deste sábado a través dun veciño, quen explicou que un turismo comezara a arder dentro do garaxe, separado da vivenda principal. Pouco despois, confirmaba que estaban a sacar outros vehículos do interior. Nas tarefas de extinción participaron os Bombeiros do Porriño, que contaron coa colaboración da Garda Civil e da Policía Local e Protección Civil de Tui.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...