InicioSucesosDetido en Vigo un home con varias requisitorias xudiciais pendentes, unha delas...

Detido en Vigo un home con varias requisitorias xudiciais pendentes, unha delas de ingreso en prisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado sábado a un home de Moaña, de 42 anos de idade, P.P.C., sobre o que pesaban varias requisitorias xudiciais, unha delas de ingreso en prisión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron cando unha patrulla se atopaba na rúa Ecuador e os axentes observaron a un home que, ante a súa presenza, comezou a mostrar unha actitude esquiva.

Ao identificalo e cotear os seus datos, os policías comprobaron que que sobre el pesaban tres requisitorias xudiciais. Unha delas de detención e presentación por unha causa de 2015; outra de detención e ingreso en prisión por unha causa de setembro de 2024; e unha terceira de detención e presentación por unha causa de outubro de 2024; todas elas do Xulgado do Penal 1 de Vigo. Os axentes procederon á súa detención e posta a disposición da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...