InicioSociedadePropostos para sanción tres 'furtivos' sorprendidos en praias de Vigo nos últimos...

Propostos para sanción tres ‘furtivos’ sorprendidos en praias de Vigo nos últimos días

A Policía Local de Vigo, en colaboración coa Policía Autonómica e os gardas rurais, identificou nos últimos días de 2024 a 13 mergulladores, no marco de operativos de control da actividade furtiva de marisqueo, e propuxo para sanción a tres deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo, en colaboración coa Policía Autonómica e os gardas rurais, identificou nos últimos días de 2024 a 13 mergulladores, no marco de operativos de control da actividade furtiva de marisqueo, e propuxo para sanción a tres deles. Segundo informaron fontes policiais, nunha intervención realizada o pasado 24 de decembro, a Unidade Fénix (de drons) realizou unha vixilancia sobre a zona da ETEA tras recibir un aviso sobre a presenza dun ‘furtivo’.

Así, a cámara térmica do dron conseguiu localizar a dúas persoas, que resultaron ser dous veciños de Vigo, J.A.F.M., de 54 anos de idade, e J.C.F.M., de 60 anos. Ambos levaban dúas rasquetas e unha rede na que se interveu case un quilo de ameixa. Os bivalbos foron devoltos ao mar e procedeuse á denuncia dos dous infractores. O día 28 de decembro, noutro control en Sobreira, na zona de Oia, procedeuse á identificación de sete mergulladores, dos que seis presentaron a documentación pertinente e as capturas en regras. Con todo, unha septima persoa, un home de Ourense, A.R.R., de 49 anos idade, carecía de calquera tipo de licenza de pesca, aínda que non portaba capturas e non foi denunciado.

Ao día seguinte, identificouse a outros catro mergulladores que cumprían a normativa, pero horas despois, o 092 recibiu un aviso por parte da Policía Autonómica pola presenza de ‘furtivos’ en Bouzas. Os axentes puideron observar a unha persoa cunha lanterna na praia, cunha ferramenta e extraendo marisco da beira. Ao decatarse da presenza policial, o sospeitoso abandonou a praia e sentou nas bancadas do paseo, onde foi identificado: F.J.R.P., de 50 anos e natural de Moaña. O home confesou que levaba tres horas na praia recollendo ameixa, que levaba uns 20 exemplares, e que era reincidente, polo que os axentes tramitaron a correspondente denuncia e devolveron o marisco ao mar.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...