InicioSucesosDenunciados varios condutores por infraccións e delitos contra a seguridade viaria, tres...

Denunciados varios condutores por infraccións e delitos contra a seguridade viaria, tres deles sen carné

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo identificou nos últimos días a varios condutores por cometer infraccións ou delitos contra a segurida viaria, tres deles circulando co carné retirado. A primeira intervención produciuse na tarde do pasado 14 de decembro, cando unha dotación acudiu acudiu a un accidente ocorrido na parroquia de Valladares. O condutor implicado, de 21 anos de idade, presentaba signos de estar baixo os efectos do alcol. Ao realizarlle as probas, estas arroxaron un resultado de 0,50 mg/l (infracción administrativa) e, ao verificar os seus datos, os axentes comprobaron que circulaba sen carné, ao perder vixencia o seu permiso de conducir.

Ese mesmo día, a Policía Local acudiu a outro accidente, na Avenida de Madrid, e comprobou que un dos condutores implicados, de 41 anos de idade, estaba baixo os efectos do alcol. As probas confirmaron unha taxa de 1,13 e 1,10 mg/l, o que supón un delito contra a seguridade viaria. O 16 de decembro, a Policia sorprendeu a outro condutor, un veciño de Mos de 28 anos, que circulaba nun turismo cun moi deficiente estado de conservación. Os axentes déronlle o alto e comprobaron que circulaba coa ITV caducada e sen carné, ao perder vixencia o seu permiso, polo que foi denunciado.

O pasado martes, outra patrulla interceptou a un condutor no Camiño das Ánimas, ao decatarse de que realizaba unha condución errática. O home, veciño de Mos de 49 anos de idade, deu positivo nas probas de alcoholemia (1,13 mg/l). Finalmente, este mércores, nunha intervención conxunta coa Policía Nacional, foi interceptado de madrugada un condutor de Nigrán, de 23 anos, na rúa Travesía de Vigo. Os axentes comprobaron que lle figuraba unha perda de vixencia do permiso de conducir, e foi denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...