InicioSucesosTrasladada unha persoa por inhalación de fume no incendio dun garaxe

Trasladada unha persoa por inhalación de fume no incendio dun garaxe

Unha persoa foi hospitalizada tras un incendio que comezou na madrugada no garaxe da estrada de Camposancos. Os bombeiros extinguiron as chamas sen danos materiais significativos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser trasladada durante a madrugada deste domingo por inhalación de fume no incendio dun garaxe na estrada de Camposancos, en Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu pouco despois das 06.00 horas. Foi un particular quen alertou á central de emerxencias de que saía fume dun garaxe neste punto.

Así, desprazáronse ata o lugar efectivos dos Bombeiros de Vigo, da Policía Nacional e da Local, así como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Tras extinguir o incendio, os bombeiros comunicaron que non había danos materiais importantes, pero si era necesaria a asistencia para unha persoa por inhalación de fume. Finalmente, o afectado foi trasladado por persoal sanitario.

ÚLTIMAS

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...

Vigo e as pensións

POR ÓSCAR LOMBA, activista social e integrante de Podemos Defender as pensións públicas é defender...

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...