InicioSucesosIntervención policial en Vigo: plantación de marihuana e fraude eléctrico nunha vivenda...

Intervención policial en Vigo: plantación de marihuana e fraude eléctrico nunha vivenda okupada

A Policía Nacional, en colaboración coa UIP, levou a cabo un rexistro exhaustivo que culminou na detención do sospeitoso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do grupo UDYCO I da Comisaría de Policía Nacional de Vigo detiveron a un home como suposto autor dun delito de tráfico de drogas e por defraudación do fluído eléctrico, como responsable dunha plantación de marihuana localizada no interior dunha casa okupada na zona de Castrelos.

A investigación iniciouse a finais do mes de agosto, por parte de efectivos da Policía Local e do grupo operativo de noites da Policía Nacional. As probas permitiron comprobar que existía esta plantación ‘indoor’ nun inmoble que fora okupado.

Con apoio da UIP, levou a cabo un rexistro da casa e interviñéronse 3 quilos de marihuana, unha báscula de precisión, sustancias necesarias para o cultivo, maceteros, lámpadas, 23 transformadores, tubos de rega, unha bomba de auga, equipos de refrixeración, filtros e un motor de ventilación.

Grazas a investigacións posteriores púidose identificar ao responsable da plantación, que foi detido o pasado martes, e ao que se lle atribúe un delito contra a saúde pública e unha fraude do fluído eléctrico por valor duns 7.000 euros. O investigado foi posto a disposición do xulgado de instrución 6 de Vigo.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...