InicioSucesosO TSXG ratifica a condena a 6 anos de cárcere a un...

O TSXG ratifica a condena a 6 anos de cárcere a un avó da Guarda por abusar sexualmente da súa neta 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación e ratifica a sentenza ditada pola Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, que condenou a un avó a unha pena de seis anos de prisión por abusar sexualmente da súa neta cando esta tiña oito anos de idade.

Tamén se lle impuña ao acusado a pena de prohibición de achegarse á súa neta, ao lugar no que resida ou culaquier outro lugar frecuentado por ela nunha distancia de 300 metros, así como a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio durante nove anos.

Igualmente impúñaselle a pena de liberdade vixiada por tempo de 10 anos e a de inhabilitación especial para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuido que leve contacto regular e directo con menores de idade durante 11 anos. Finalmente, condenaba ao acusado a indemnizar á menor na cantidade de 6.000 euros.

Segundo recolle a sentenza, “desde que a menor tiña oito anos ou estaba próxima a cumprilos, quedaba ao seu coidado no seu propio domicilio, situado na Guarda, e con ánimo libidinoso, tocáballe as súas partes íntimas, subíalle a camiseta e dáballe bicos na boca, ás veces coa introdución da lingua”.

A vítima non contou o que sucedía até o 23 de abril de 2016, despois de que o procesado achegáseselle cando se atopaba xogando no xardín “e empezou a tocala e a darlle bicos na boca, introducíndolle a lingua”, á vez que manoseaba as súas partes máis íntimas “causándolle dor, ao tocarlle forte” e, subíndolle a camiseta, “tocoulle tamén os peitos”.

Ese día, a menor contoulle todo aos seus pais e “desde entón mantívose lonxe do procesado”.

DESESTIMADO O RECURSO

O TSXG desestima o recurso e confirma a condena. Entre outros argumentos, esgrime que os testemuños ouvidos “reforzan indiciariamente o testemuño da menor en grao suficiente como para implementar a súa veracidade”.

Engade que os informes técnicos “son unívocos e claros sobre todos os aspectos controvertidos e tamén corroboran a versión da menor”. Tamén considera que “a superioridade non pode ser máis clara” e que se aproveitou a situación para “amparar uns abusos dificilmente comprensibles e de gravidade manifesta”.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...