InicioSucesosBuscan os encapuchados que atracaron con armas unha tenda na parroquia viguesa...

Buscan os encapuchados que atracaron con armas unha tenda na parroquia viguesa de Beade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas encapuchadas atracaron na tarde deste pasado xoves unha tenda de material de construción situada na parroquia viguesa de Beade, facéndose cun botín de 4.000 euros.

Segundo fontes da Policía Nacional, os feitos ocorreron sobre as 19.00 horas e foron catro homes os que participaron no atraco, entrando tres homes armados no local, mentres que o cuarto quedou esperando nun vehículo roubado.

Á saída, tras levar uns 4.000 euros, os atracadores fuxiron á carreira cara á parroquia de Bembrive, onde se desfixeron do vehículo queimándoo. As mesmas fontes indicaron que por agora se descoñece se utilizaron dúas ou tres armas de fogo ou se había clientes nese momento dentro do establecemento.

MENOS DE TRES MINUTOS

Precisamente, empregados da tenda indicaron que todo pasou “moi rápido” e que en menos de tres minutos os atracadores, que usaron escopetas recortadas, entraron e saíron co botín. “Entraron o tres xuntos, todos de negro, encapuchados e con luvas. Gritáronnos ‘todos ao chan, é un atraco’. Estabamos impactados. Ao principio parecía unha broma”, indicaron, explicando que dúas dos homes quedaron na entrada do local e outro entrou á oficina onde estaban os responsables.

Alí, segundo engaden, solicitaron que abrisen a caixa forte e que metesen nunha bolsa todo o diñeiro. “Falaban correcto castelán, eran de aquí. Pero parecían aprendices. Estaban moi nerviosos, tremían. Incluso o que veu a por o diñeiro apoiou a escopeta para agacharse a ver se había algo máis dentro da caixa forte. Iso sorprendeume”, destacaron desde o local.

Así mesmo, indicaron que ningún traballador resultou ferido, a pesar de que nese momento había catro empregados e dous clientes. “Os que estaban noutra estancia nin se decataron”, subliñaron. Tampouco se rexistraron danos. “levaron o diñeiro e marcharon moi rápido”, sentenciaron.

Dáse a casualidade de que o mesmo local xa sufriu un atraco hai varios anos no que os ladróns tamén levaron o diñeiro recadado.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...