InicioSucesosUn veciño sofre queimaduras na cara por mor dun incendio na súa...

Un veciño sofre queimaduras na cara por mor dun incendio na súa vivenda

Na súa vivenda unifamiliar situada no Camiño de Cotiño, na parroquia viguesa de Cabral

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios tras sufrir queimaduras na cara por mor dun incendio na súa vivenda unifamiliar situada no Camiño de Cotiño, na parroquia viguesa de Cabral. Segundo informou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu un aviso de que se estaba produciento este incendio pouco antes das 09.00 horas.

Ao parecer, os ocupantes atopábanse xa evacuando a vivenda e mesmo tentaron sufocar o lume cunha mangueira, aínda que unha habitación situada no piso superior terminou completamente calcinada.

Ata o lugar desprazáronse Bombeiros de Vigo, Policía Local e Policía Nacional, así como profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladaron a unha persoa que sufrira queimaduras leves na cara.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...