InicioSucesosA comisión de festas de Matamá di que a súa documentación estaba...

A comisión de festas de Matamá di que a súa documentación estaba en orde: “Pechar atraccións non é competencia nosa”

Así o sinalou o seu presidente, Cristian González, quen subliñou que xa a finais de xuño eles pediron os permisos necesarios para realizar a festa, que lle foron concedidos. Cada aparello ten que enviar o seu propio papelorio, entre o cal se atopa o proxecto da atracción, o seu manual de funcionamento e o seu libro de operacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A comisión de festas da parroquia viguesa de Matamá, onde a pasada fin de semana un mozo perdeu a vida tras producirse un accidente no Saltamontes, asegura que a documentación que dependía deles estaba en orde: “Pechar atraccións non é competencia nosa”. Así o sinalou o seu presidente, Cristian González, quen subliñou que xa a finais de xuño eles pediron os permisos necesarios para realizar a festa, que lle foron concedidos. Estes son, a ocupación temporal do viario público e a declaración responsable.

Pola súa banda, segundo indicou en declaracións a Europa Press, cada aparello ten que enviar o seu propio papelorio, entre o cal se atopa o proxecto da atracción, o seu manual de funcionamento e o seu libro de operacións. A finais de xullo, o Concello informou á comisión de que o Saltamontes non enviara toda a documentación. Así, a organización deu traslado aos donos da devandita atracción, que tamén foran alertados polo goberno local.

“O xoves 1 chega ás 22.00 horas outro aviso de que a documentación está incompleta e volvemos dicirllo ao Saltamontes, quen nos di que llo transmitirá á súa xestoría para que envíe o documento”, engadiu González. “A partir de aí, nós non temos máis notificacións. A nosa preocupación é ter o permiso da festa e conseguímolo para poder facela. Pechar atraccións non é competencia nosa”, reivindicou o presidente da comisión, quen dixo que ese Saltamontes levaba varios anos acudindo ás festas de Matamá.

Cristian González volveu a trasladar unha mensaxe de ánimo á familia do falecido, Iván Castaño de 35 anos de idade. El mostrou a dor da comisión, que a “única ilusión que tiña era facer unhas grandes festas”. Visiblemente emocionado, González lamentou a traxedia e agradeceu o apoio recibido polos veciños nos últimos días, subliñando que a comisión está formada por nove mozos que sufriron na súa pel esta situación. “Esperamos que se esclareza o ocorrido para que non volva pasar”, sentenciou.

ÚLTIMAS

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...

Protestan ante o Concello de Vigo para pedir alternativas habitacións para persoas sen fogar que estaban na Acampada

Decenas de persoas protestaron na mañá deste luns ante as portas do Concello de...