InicioSucesosDetido un veciño de Gondomar como presunto autor de seis roubos con...

Detido un veciño de Gondomar como presunto autor de seis roubos con forza en gasolineiras

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade pontevedresa de Gondomar como presunto autor de seis roubos con forza en gasolineiras e un autolavado de coches, onde forzaba as máquinas e extraía as moedas.

Tal como informa a Benemérita, foi durante os meses de maio e de xuño cando se presentaron varias denuncias por propietarios de dúas estacións de servizo, alertando de tres roubos con forza no moedeiro do lavado de coches nunha delas e dous roubos co mesmo sistema noutra. Un sexto altercado produciuse nun autolavado, subtraendo as moedas das aspiradoras.

En total, o home conseguiría facerse cuns 9.700 euros. Por iso, iniciouse unha investigación, que acabou coa detención dun home de 42 anos con numerosos antecedentes policiais por delitos similares. O detido, xunto coas dilixencias, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade con cargos.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...