InicioSucesosO exaduaneiro acusado o xuízo do Karar denuncia "acoso" policial

O exaduaneiro acusado o xuízo do Karar denuncia “acoso” policial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exfuncionario de Aduanas acusado no procedemento polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína transportadas polo Karar, Pablo S.V., presentou denuncia ante a Comisaría de Policía Nacional de Pontevedra por supostos seguimentos e “acoso” por parte dun funcionario deste corpo, que está citado como testemuña no xuízo que se está celebrando na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo figura na denuncia, na tarde deste xoves, recibiu unha chamada dun teléfono fixo e, ao responder, non obtivo resposta do interlocutor. Así mesmo, expón que, con motivo de estar incurso no procedemento xudicial do Karar “sentese atemorizado” e fai constar que detectou “seguimento de Policías Nacionais”, entre eles un funcionario que participou na investigación do alixo e que está citado para declarar como testemuña.

Pablo S.V. está, xunto á súa muller, entre os 28 acusados neste procedemento, entre os que tamén están o arousán Juan Carlos Santórum e varias persoas da súa contorna. Este venres, antes do inicio da sesión do xuízo, trasladou, e así o fixo constar a súa avogada, que é obxecto de “acoso” por esa testemuña.

A Fiscalía considera que este extraballador de Vixilancia Aduaneira axudaba ao grupo liderado por Santórum na súa actividade delituosa, e que tamén colaboraba na distribución de cocaína. Ademais, está acusado tamén (e a súa muller) dun delito de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.

O XEFE DA ORGANIZACIÓN

Pola súa banda, Juan Carlos Santórum, que senta estes días no banco dos acusados da sección quinta da Audiencia de Pontevedra, pola súa presunta vinculación cos 3.800 quilos de cocaína transportados en abril de 2020 polo buque Karar, dirixiu un escrito ao tribunal para trasladar a súa renuncia a exercer o seu dereito á última palabra, e no que lamenta perder ” a fe nun xuízo xusto”, tras diversas incidencias sucedidas durante a vista, na que considera que se está “obstaculizando” o labor das defensas.

A Fiscalía considera a Santórum o xefe da organización encargada de alixar a droga e pide para el 18 anos e medio de prisión. Así mesmo, no banco dos acusados sentan tamén os tripulantes do Karar (14 cidadáns de Nepal e Bangladesh, e un galego), varias persoas da contorna de Santórum, un exfuncionario de Vigilacia Aduaneira e a súa muller, e un cidadán colombiano residente en Leganés.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...