InicioSucesosMinuto de silencio e sirenas en honra ao bombeiro falecido en Vigo...

Minuto de silencio e sirenas en honra ao bombeiro falecido en Vigo nun derrube mentres inspeccionaba un edificio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Bombeiros de Vigo concentráronse este domingo ás portas do parque central de Teis en honra ao bombeiro falecido este sábado na cidade olívica ao derrubarse unha parede mentres realizaba con outros compañeiros a revisión do estado dun edificio en malas condicións no que se alertou de que había un derrube na cuberta.

Os seus compañeiros, aos que se sumaron efectivos da Policía Nacional e da Policía Local –corpo do que a vítima formara parte con anterioridade– fixeron soar na súa memoria as sereas do parque e dos camións ás 12.00 horas. Tamén houbo aplausos e varios compañeiros tocaron a gaita en recordo de Sergio S.D., de 49 anos.

O concello de Vigo vive a segunda xornada de loito oficial decretado tras o falecemento deste bombeiro nuns feitos que sucederon sobre as 11,30 horas deste sábado no número 127 da avenida de Beiramar.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...