InicioSucesosTres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da Policía Nacional e a Axencia Tributaria, saldouse polo momento con 3 persoas detidas en territorio luso, e máis dunha tonelada de cocaína intervida nos portos de Sines (Portugal) e Vigo.

Segundo informaron fontes policiais, as pescudas iniciáronse hai meses por parte das autoridades portuguesas, ao ter coñecemento da existencia dunha rede que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de Sudamérica. Así, púidose intervir no porto de Sines un cargamento de 535 quilos de cocaína, que viña oculta no interior de envases de zumes de froitas. Os investigadores pescudaron que a organización utilizaba eficaces métodos de ocultación da droga para introducila en Europa e que poderían estar a utilizar tamén portos españois.

En concreto, tras recibir a información por parte de Portugal, a Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira iniciaron unha investigación, bautizada como Operación SAPO-PUMA, para determinar se esa rede tiña actividade tamén en territorio español. Dese modo, detectouse que podería estar en marcha outro envío de droga con destino a un porto galego.

Pouco despois foi localizado no porto de Vigo un colector de froita procedente de Brasil, en cuxo interior se descubriu un cargamento de melones que levaban a cocaína escondida no seu interior. A organización baleirara a pulpa das pezas de froita e, no seu lugar, introducira en cada melón unha bolsa esférica de goma chea de cocaína, intervíndose un total de 490 quilos de sustancia estupefaciente.

A investigación continúa aberta e non se descartan máis detencións. En territorio galego, levaron a cabo o operativo membros de Udyco da comisaría de Vigo e axentes de Greco Galicia.

ÚLTIMAS

Caballero pide unha reunión urxente con Xunta, Deputación, Goberno e Celta para pactar a reforma de Balaídos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, propuxo unha reunión este venres, día 20 de...

Un choque entre un coche e un camión provoca retencións na avenida de Beiramar, en Vigo

Un accidente de tráfico entre un turismo e un camión está a provocar retencións...

BNG critica que Sareb funcione “como unha especie de fondo voitre”

O BNG criticou este martes que a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da...

O Celta consegue que a RAG incorpore no diccionario “canteirán,canteirá”

O Diccionario da Real Academia Galega (RAG) incorporou "Canteirán, canteirá" como nova acepción tras...