InicioSucesosDous mozos, detidos a pasada fin de semana por senllos episodios de...

Dous mozos, detidos a pasada fin de semana por senllos episodios de violencia de xénero

Nun unha muller avisou de que a súa filla estaba a ser agredida polo seu noivo nunha das habitacións da súa vivenda. Noutro, produciuse unha agresión no interior dun coche por parte dun home a unha muller, cun menor tamén no vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous mozos foron detidos esta pasada fin de semana en Vigo tras producirse dous episodios de violencia de xénero na cidade. En concreto, segundo informou a Policía Local, o primeiro dos sucesos ocorreu sobre as 03.15 horas da madrugada do pasado domingo na rúa Romil, onde unha muller avisou de que a súa filla estaba a ser agredida polo seu noivo nunha das habitacións da súa vivenda.

Unha vez no punto, a alertante asegurou aos axentes que, minutos antes, nunha das estancias do domicilio escoitara unha forte discusión entre a súa filla e a parella desta. Como os berros non cesaban, entrou ao cuarto, sendo empuxada fortemente polo home, caéndose ao chan e sendo testemuña de como este golpeaba á nova. Os actuantes observaron arañazos na cara da agredida, así como un traumatismo na cabeza, dando aviso aos servizos sanitarios, que a trasladaron a un centro hospitalario. Por todo iso, procedeuse á detención de J.M.M.A, de 28 anos, por un presunto delito de violencia de xénero e outro de violencia no ámbito familiar.

Horas máis tarde, sobre as 23.50 horas dese mesmo día, os funcionarios foron requiridos na rúa Fisterre, onde se estaba producindo unha agresión no interior dun coche por parte dun home a unha muller, cun menor tamén no vehículo. Á súa chegada, a muller explicou aos policías que acababa de saír do seu traballo e a súa parella a fora recoller, iniciándose unha acalorada discusión no traxecto. A pesar disto, os axentes decatáronse de que presentaba erosións no beizo inferior e un golpe no pómulo e na cella. Mesma explicación deu o home, que tamén tiña arañazos no pescozo.

Ademais, o menor dixo de maneira espontánea que estaba durmido e espertouse a consecuencia da agresión que se estaba producindo. Pola súa banda, o veciño que alertou á Policía manifestou que minutos antes circubala detrás do coche e viu como o condutor agredía á acompañante, por iso seguiunos ata que se detiveron. Os axentes identificaron o home, ao cal lle constaba unha orde de afastamento da muller por malos tratos, sendo detido D.P.F. de 32 anos polos presuntos delitos de violencia de xénero e quebrantamento de condena.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana...