InicioSucesosDúas persoas atrapadas ao envorcar un coche na PO-552, en Comesaña

Dúas persoas atrapadas ao envorcar un coche na PO-552, en Comesaña

Tiveron que ser liberadas polos Bombeiros de Vigo. O accidente tivo lugar no quilómetro 1 da estrada PO-552, en Comesaña, pouco antes das 4.00 horas da madrugada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser liberadas polos Bombeiros de Vigo na madrugada deste sábado ao quedar atrapadas no seu vehículo, que resultou envorcado. O accidente tivo lugar no quilómetro 1 da estrada PO-552, en Comesaña, pouco antes das 4.00 horas da madrugada. Diversos particulares que estaban no punto chamaron ao 112 para informar de que os dous ocupantes eran incapaces de abandonar o vehículo, que se saíu da estrada e quedara envorcado.

No operativo despregado participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros e a Policía Local de Vigo. Foron os Bombeiros os que liberaron ás persoas tras comprobar que permanecían atrapadas no interior do turismo. Finalmente, ambas foron atendidas polo persoal sanitario, que se desprazou ao momento a bordo dunha ambulancia.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...