InicioSucesosTrasladan ao Cunqueiro ao detido no barrio de Lavadores polo homicidio da...

Trasladan ao Cunqueiro ao detido no barrio de Lavadores polo homicidio da súa irmá ao non estar en condicións de declarar

Este sábado cúmprese o prazo legal máximo de detención polo que, se chegado ese momento a súa situación non cambiou, será ingresado involuntariamente nunha Unidade de Saúde Mental, ata que as súas condicións melloren.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Vigo acordou o traslado de J.D.E., detido o pasado mércores como suposto autor da morte da súa irmá no barrio de Lavadores, ao hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, ao non atoparse en condicións de declarar. O investigado chegou na mañá deste venres a dependencias xudiciais procedente dos calabozos da Comisaría e foi avaliado polos forenses do Imelga, que determinaron que o seu estado non permite tomarlle declaración.

Por iso, o xuíz acordou o seu traslado ao hospital Álvaro Cunqueiro para unha avaliación. Este sábado cúmprese o prazo legal máximo de detención polo que, se chegado ese momento a súa situación non cambiou, será ingresado involuntariamente nunha Unidade de Saúde Mental, ata que as súas condicións melloren. Tal e como xa explicaron os seus familiares, J.D.E. ten problemas de saúde mental e de adiccións e está baixo a curatela da Funga, dependente da Xunta.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...