InicioSucesosAbandona cachorros na estrada e deixa outro morto ao seu lado

Abandona cachorros na estrada e deixa outro morto ao seu lado

Desprazados a esta estrada, os axentes localizaron aos cachorros, ademais de percartarse de que había outro can morto na beiravía da PO-340. O investigado reside nunha casa nas inmediacións da zona e tíñase constancia de que alí había animais en condicións hixiénicas "moi deficientes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Tui permanece investigado tras ser identificado como responsable do abandono de tres cachorros nunha estrada e, máis tarde, descubrirse que tiña no seu domicilio varios animais en malas condicións. A Garda Civil explicou que axentes do Seprona recibiron o aviso por parte das protectoras de animais de Tui e Valença do Minho de que foran vistos tres cachorros nunha estrada que foran abandonados por un vehículo con matrícula española.

Desprazados a esta estrada, os axentes localizaron aos cachorros, ademais de percartarse de que había outro can morto na beiravía da PO-340. O investigado reside nunha casa nas inmediacións da zona e tíñase constancia de que alí había animais en condicións hixiénicas “moi deficientes”. A patrulla do Seprona mobilizada observou desde o exterior da casa que había varios cachorros “de características similares aos abandonados”, que o investigado aceptou entregar á protectora.

Por mor destes feitos, o Seprona levou a cabo unha inspección na casa, onde localizaron animais “nunhas condicións hixiénico sanitarias deficientes, con gran acumulación de esterco e zonas alagadas por auga”. Así as cousas, a Garda Civil formulou unha denuncia por abandono e malos tratos animais contra este home, que conta con antecedentes policiais por feitos similares.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...