InicioSucesosIntervidas case 1.800 plantas de marihuana no operativo antidroga no Baixo Miño...

Intervidas case 1.800 plantas de marihuana no operativo antidroga no Baixo Miño que se saldou con 6 detidos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisaría Provincial de Pontevedra, o Grupo I da Udyco da Comisaría Vigo-Redondela e o Grupo 33 da Udyco Central.

Tamén participaron, por parte da Policía Nacional, o Grupo Especial de Operacións e a Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, mentres que por parte da Garda Civil a USECIC, o Servizo Cinolóxico e Unidades de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Segundo informan nun comunicado, tras unha “longa e complexa” investigación, procedeuse á detención de seis persoas, de entre 27 e 67 anos de idade, con domicilios nas localidades pontevedresas da Cañiza, Salceda de Caselas e Tomiño.

Ademais, levaron a cabo rexistros en cinco inmobles nas mesmas localidades, intervindo, entre outros efectos, máis de 2 quilos de cocaína, 1.789 plantas de marihuana, 30 quilos de cogollos desta mesma droga, 3 quilos de haxix, así como básculas de precisión, catro vehículos e 370 paquetes de tabaco de contrabando.

Precisamente, no interior dunha nave en Tomiño localizouse unha plantación industrial para o cultivo de cannabis, cunha instalación eléctrica valorada nuns 100.000 euros. Segundo as forzas de seguridade, o grupo dedicábase tamén á distribución de cocaína, intervindo nun dos rexistros dous paquetes dun quilo cada un e envoltorios con 200 gramos da mesma sustancia.

Do seis detidos, tres deles quedaron en liberdade en sede policiais, mentres que a outra metade foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Tui, ingresando un deles en prisión. A operación continúa aberta e non se descartan novas detención

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...