InicioSucesosDesaloxan a uns 60 nenos polo cheiro a gas na cociña dunha...

Desaloxan a uns 60 nenos polo cheiro a gas na cociña dunha escola infantil na rúa da Atalaia

Finalmente e tras as comprobacións dos bombeiros, quedou nun susto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 60 nenos dunha escola infantil de Vigo foron desaloxados este mércores debido a unha sospeita de fuga de gas que, finalmente e tras as comprobacións dos bombeiros, quedou nun susto. As persoas que chamaron ao 112 Galicia indicaron que estaban a evacuar por precaución o centro, situado na rúa da Atalaia, e que ninguén resultara afectado. Pola súa banda, os servizos de emerxencias realizaron comprobacións e confirmaron que non se produciu ningunha fuga.

Os feitos ocorreron sobre as 13 horas, cando un particular alertou ao CIAE-112 Galicia de que cheiraba a gas na cociña da escola, tras o que estes solicitaron a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo, dos Bombeiros e da Policía Local de Vigo, dos axentes da Policía Nacional e dos técnicos da empresa subministradora do gas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...