InicioSucesosRescatan unha muller que saíu co seu vehíuclo na N-550 no Porriño

Rescatan unha muller que saíu co seu vehíuclo na N-550 no Porriño

O 112 recibiu unha chamada ás 6,30 horas que informou que había unha persoa atrapada dentro dun vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller foi rescatada tras envorcar o seu turismo na N-550, ao seu paso polo municipio pontevedrés do Porriño, e foi evacuada en estado grave.

Segundo informou o 112, foi ao fío das 6,30 horas cando recibiron a chamada de varias persoas que lle informaron que no interior do vehículo, que estaba moi danado e perdía combustible, había alguén atrapado.

Ante isto, a central de emerxencias pediron a colaboración dos bombeiros do Baixo Miño para realizar o rescate da única ocupante do vehículo que, tras quedar liberada, foi atendida e trasladada, “con lesións importantes”, por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, os xestores de 112 solicitaron a intervención dos equipos de limpeza e mantemento da vía, a N-550 no quilómetro 154, para poder restablecer as condicións de seguridade. No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...