InicioSucesosDetida en Vigo tras circular de forma temeraria, saltarse un semáforo en...

Detida en Vigo tras circular de forma temeraria, saltarse un semáforo en vermello e tentar atropelar a un policía

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller, S.M.P.F. de 44 anos de idade, foi detida en Vigo tras circular de forma temeraria polas rúas da cidade, saltarse un semáforo en vermello e tentar atropelar a un axente. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 01.30 horas da madrugada deste venres. Foi na Travesía de Vigo onde os funcionarios observaron un vehículo detido no medio dunha rotonda. Pasados uns minutos, iniciou a marcha circulando en zig zag.

Ao pararse nun semáforo, os axentes solicitaron á condutora que se detivese á marxe dereita, comezando ela a rir “de forma compulsiva” e arrincando o seu coche, saltándose o semáforo. Aí iniciouse unha persecución, logrando darlle alcance máis adiante, momento no cal un dos policías baixou do vehículo para conversar coa muller, comprobando que desprendía un “forte cheiro a alcol”. Con todo, a pesar de volver ordenarlle que detivese o motor, ela volveu rirse, virou o volante e acelerou, tratando de atropelar ao axente, que logrou escapar da súa traxectoria.

Tras outra persecución, os policías lograron por fin falar coa agora detida, que se negou en todo momento a facilitar ningún dato, chegando a empuxar aos funcionarios e insultándoos, dicindo que era influencer e que lles ía a arruinar a vía a través das redes sociais. Así mesmo, non accedeu a realizarse unha proba de alcoholemia e, ao propinar varios golpes aos axentes e ao vehículo oficial, foi detida como presunta autora dos delitos de desobediencia, resistencia e atentado, así como polo delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...