InicioSucesosDetidas catro persoas pola súa suposta vinculación con 14 roubos cometidos en...

Detidas catro persoas pola súa suposta vinculación con 14 roubos cometidos en comercios e unha vivenda do Baixo Miño

Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, as investigacións iniciáronse hai varias semanas, cando se rexistrou na localidade da Guarda unha onda de roubos de características similares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo de Investigación (EBIO) da Garda Civil de Tui detivo a tres homes e unha muller, de idades comprendidas entre 32 e 55 anos de idade, como presuntos autores de 14 delitos de roubo con forza cometidos en establecementos comerciais e nunha vivenda da zona do Baixo Miño.

Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, as investigacións iniciáronse hai varias semanas, cando se rexistrou na localidade da Guarda unha onda de roubos de características similares. As pescudas permitiron a identificación e detención de dous homes da Guarda de 55 anos de idade, un home de 32 anos e de nacionalidade portuguesa, e unha muller de 35 anos, tamén con domicilio na Guarda; todos eles con numerosos antecedentes policiais.

Nas distintas denuncias interpostas, ponse de manifesto que os autores dos roubos subtraían todo tipo de alimentos, así como diñeiro de curso legal en diferentes países, xoias de ouro e 28 décimos de lotaría nacional. Dous dos detidos foron postos en liberdade en sede policial, á espera de que sexan chamados polo xulgado, mentres está previsto que os outros dous pasen este luns a disposición xudicial en Tui.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...