InicioSucesosA nai dun menor de 12 anos vese obrigada a chamar á...

A nai dun menor de 12 anos vese obrigada a chamar á policía por un brote de agresividade do seu fillo

A Policía Local de Vigo informou sobre un dispositivo de apoio prestado aos servizos sanitarios para o traslado dun neno menor de idade e que se atopaba en estado moi agresivo ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo informou sobre un dispositivo de apoio prestado aos servizos sanitarios para o traslado dun neno menor de idade e que se atopaba en estado moi agresivo. A nai do menor, de 12 anos de idade, chamou este martes ao 092 para avisar de que o seu fillo estaba a ter un comportamento moi violento, polo que unha dotación se trasladou ao domicilio.

Unha vez na vivenda, os axentes comprobaron que o neno estaba encerrado na cociña e que estaba moi nervioso e agresivo, polo que se deu aviso a unha ambulancia. O persoal sanitario, co apoio dos axentes, conseguiu que o menor se acougase para ser atendido e, posteriormente, de forma voluntaria, accedeu a ser trasladado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

A Fundación Laxeiro expón unha serie de debuxos inéditos cunha gran forza expresiva

A sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes de Vigo, expón desde este...

Ciencia de Ida e Volta en cafés de Pontevedra, Vigo e Ourense por parte do alumnado sénior da UVigo

Exercer de embaixadores e embaixadoras da ciencia e do coñecemento. Esa será a misión...

Caballero esixe á Xunta 9 millóns ao ano para Vigo por ser “a cidade máis importante de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiulle este martes á Xunta de Galicia que,...

O BNG leva á Valedora a negativa de Caballero a comparecer polo caso Saltamontes

O grupo municipal do BNG en Vigo presentou unha queixa ante a Valedora do...