InicioSucesosControlado un incendio declarado nunha nave do punto limpo de Vigo

Controlado un incendio declarado nunha nave do punto limpo de Vigo

PUBLICADO O

Os servizos de emerxencias dan por controlado un incendio declarado na tarde do domingo nunha nave do punto limpo de Vigo, da empresa Toysal. Os traballos continuarán ao longo deste luns para apagar o lume por completo.

Segundo informa o 112 Galicia, tívose constancia do incendio sobre as 19,45 horas do domingo, cando numerosos particulares chamaban para avisar dunha importante nube de fume que saía do tellado das instalacións situadas en Camiño do Caramuxo.

Algúns dos alertantes, ademais, explicaban que o cheiro a queimado podíase percibir desde unha gran distancia. Así, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, por se puidese haber persoas afectadas; dos bombeiros de Vigo, de Ribadumia e do Morrazo; dos GES de Mos e Val Miñor; da Policía Nacional e Local de Vigo; así como das autoridades ambientais da Xunta.

No punto colaboraron tamén medios do distrito forestal da zona e do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que desprazou ao lugar un camión cisterna.

ÚLTIMAS

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...