InicioSucesosIdentifican a un mozo que esnaquizou co seu coche as alfombras florais...

Identifican a un mozo que esnaquizou co seu coche as alfombras florais do Corpus de Gondomar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil de Gondomar identificou a un mozo de 20 anos acusado de esnaquizar co seu coche as alfombras florais preparadas na localidade con motivo da festividade do Corpus Cristi.

Os feitos sucederon na madrugada do domingo, cando o mozo pasou co seu vehículo sobre as alfombras tras saltar un sinal de prohibido o paso, outra de dirección obrigatoria e varios valos metálicos que protexían as alfombras florais do Corpus na Rúa Eduardo Igrexas.

Como consecuencia, produciu “graves danos” nas tres alfombras de flores preparadas, de 25 metros de longo cada unha e 3,5 metros de ancho. Os responsables das asociacións de veciños encargadas destas pezas calculan os danos en máis de 10.000 euros.

Coa colaboración da Policía Local de Gondomar e a de Vigo, logrouse identificar e localizar ao presunto responsable, un mozo de 20 anos veciño da cidade olívica. Ademais, os axentes puideron constatar que o investigado ten “unha alta gradación en miopía”, un feito que ocultou á hora de pasar o psicotécnico para obter o permiso de conducir, polo que se lle investiga tamén por falsidade documental.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...