InicioSucesosAbsolución dos excaldes de Nigrán acusados de amañar un contrato por non...

Absolución dos excaldes de Nigrán acusados de amañar un contrato por non apreciarse suborno

A sala entende que se trata de "meras irregularidades" que non influíron na adxudicación do contrato.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza absolvendo a oito acusados, entre eles dous exalcaldes e un exconcelleiro de Nigrán, de amañar o contrato de recollida de lixo deste municipio en 2004 a cambio de mordidas, ao non apreciarse a comisión dos delitos de prevaricación ou suborno.

Segundo a resolución dos maxistrados, “non se pode identificar de modo automático” a omisión dun procedemento co delito de prevaricación e “de ningún xeito” as irregularidades detectadas no proceso de adxudicación dese contrato (que levou Cespa) integran un delito de prevaricación nin se fixo coa “espúrea finalidade” que sostiña a Fiscalía.

Con respecto ao concurso, do que non consta contrato nin factura, e que foi achegado polo propio alcalde, entón Alfredo R.M., a sala entende que estas “non deixan de ser meras irregularidades” que non influíron na adxudicación. Así mesmo, sinalase que non se constataron incidencias polo feito de que a documentación da licitación estivese gardada nun anexo na alcaldía, e tampouco houbo reparos da Intervención ou a Secretaría nin ao prego nin ao proceso de adxudicación, nin á contratación dunha empresa externa para facer un informe das ofertas.

Por outra banda, a Audiencia apunta que non consta que ningún dos acusados recibise diñeiro de Cespa a cambio da adxudicación do servizo, e expón que as cantidades de diñeiro nas contas dalgúns dos procesados, teñen unha orixe descoñecida” que, en todo caso, non se puido determinar que fose a empresa adxudicataria.

Por todo iso, resolveu absolver aos 8 acusados, o exalcalde Alfredo R.M., o exalcalde Avelino F.A., o exedil Antonio F.C., a súa muller, un técnico dunha consultora externa, o delegado territorial da Cespa, e dúas exfuncionarios. A Fiscalía pedía penas menores de prisión, multas e inhabilitacións de entre 5 e 10 anos.

ÚLTIMAS

A muller ferida no incendio baixo investigación do pasado venres continúa en estado grave

A Policía Nacional de Vigo continúa investigando, “con todas as liñas abertas”, o incendio...

Intervidos máis de 1.000 perfumes nun almacén de Mos por unha suposta infracción de contrabando

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra...

Detido en Vigo por roubar na casa dunha veciña hospitalizada que lle deixara as chaves

A Policía Nacional detivo un home por entrar na vivenda da súa veciña e...

Cae por un desnivel duns dous metros no centro de Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns tras caer por un desnivel duns...