InicioSociedadeA Pesqueira de Mos, primeiro da área de Vigo en unirse á...

A Pesqueira de Mos, primeiro da área de Vigo en unirse á rede de parques sen fume de Galicia

En total son xa 18 os municipios unidos a esta proposta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O parque da Pesqueira do municipio pontevedrés de Mos converteuse na primeiro da área de Vigo que se suma á rede de parques sen fume, iniciativa posta en marcha pola Consellería de Sanidade para combater o tabaquismo.

A adhesión deste espazo á rede autonómica escenificouse este sábado cun acto no que participaron o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

A rede de parques sen fume de Galicia foi creada a finais do mes de novembro polo Executivo autonómico como medida encamiñada a reducir o consumo de tabaco na poboación, como lembrou a Xunta nun comunicado.

En total son xa 18 os municipios unidos a esta proposta, dos cales, cinco están na provincia de Pontevedra –Mos, A Estrada, Agolada, Moraña e Ribadumia–. Esta rede toma como espello as praias sen fume, xurdida en 2016 e da que forman parte 214 praias repartidas por 80 concellos de toda a comunidade.

En palabras do conselleiro de Sanidade, ambas as iniciativas “teñen un fin educativo e de sensibilización social, destacando a importancia da conduta da poboación adulta, para que sirva de modelo para os máis novos”.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...