InicioSociedadeMondariz pide a colaboración urxente de Augas de Galicia para recuperar a...

Mondariz pide a colaboración urxente de Augas de Galicia para recuperar a senda do río Tea

Mondariz cifra en 264.000 euros os danos ocasionados polas riadas e choivas dos días 25 de decembro de 2022 e 1 de xaneiro de 2023.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Mondariz pide colaboración urxente de Augas de Galicia para recuperar a senda do río Tea tras as riadas rexistradas entre finais de 2022 e comezo de 2023, ao que agora súmase as choivas previstas para esta semana.

Nun comunicado, o goberno local informa dun estudo da arquitecta municipal que cifra nuns 264.000 euros os danos ocasionados polas riadas e choivas dos días 25 de decembro de 2022 e 1 de xaneiro de 2023, xornadas nas que se produciron unha decena de colapsos de muros e noiros, así como corremento de terras.

Igualmente, apúntase aos danos patrimoniais ocorrido, tales como no icónico ponte de Cernadela, coa caída dun tramo do pretil e o movemento de pedras na base de pavimento desta construción medieval. Tamén houbo estragos na ponte da Poeira e arrastre de terra na praia do Ceo, cos tubos de saneamento ao descuberto.

Así mesmo, exponse que os danos na senda fluvial do río Tea súmanse aos danos xa rexistrados polas riadas de 2016. Lembra que, en 2020, o pleno do Concello aprobou un convenio de colaboración con Augas de Galicia para a reparación de danos que “non chegaron a realizarse”.

“Estamos a insistir na necesidade de reparar a senda do río Tea porque ten un gran valor turístico e ambiental para a nosa localidade. Esperamos que estes traballos de recuperación poidan estar iniciados antes dos meses de verán, xa que as zonas afectadas polas riadas teñen un enorme atractivo nesa época do ano“, afirma o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...