InicioDeportesA cidade espera superar os 10.000 participantes na súa carreira de San...

A cidade espera superar os 10.000 participantes na súa carreira de San Silvestre, que este ano sairá de Porta do Sol

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este mércores os preparativos da carreira de San Silvestre que organiza o Concello, que un ano máis volverá percorrer as rúas da cidade o vindeiro sábado 31 de decembro a partir das 17.00 horas.

Como novidade, nesta ocasión a marcha sairá da nova Porta do Sol, polo que discorrerá tamén polas rúas Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Arenal, O Porto, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas do Castelo, Mestre Mateo, Teófilo Llorente, Real, Méndez Núñez, Misericordia e Elduayen ata chegar de novo a Porta do Sol.

O rexedor olívico asegurou que a carreira de San Silvestre é o maior evento lúdico deportivo da cidade por participación. Segundo os seus datos, en 2019 foron máis de 12.000 as persoas que correron polas rúas de Vigo. Este ano o Concello espera polo menos acadar as 10.000, co obxectivo posto en superar a asistencia de antes da pandemia.

Caballero lembrou que se trata dun acto solidario, polo que pediu aos vigueses que acheguen comida, que será doada a Banco de Alimentos. Tamén insistiu na importancia de que todos os participantes dispoñan de dorsal, xa que inclúe un seguro.

Familias, equipos, mascotas e todo tipo de disfraces son permitidos na San Silvestre viguesa, que conta co apoio de Decathlon, Máis que Auga, Coca-Cola, Gadis, Hyupersa Vigo Hyundai, Froitas Neves e Vitrasa.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...