InicioSociedadeOs veciños do centro de Vigo revélanse ante o Concello polas atraccións...

Os veciños do centro de Vigo revélanse ante o Concello polas atraccións de Nadal

Explican que os niveis de ruído que se xeran pola instalación deste parque de atraccións e outros, incumpren as normativas legais europeas, estatais, autonómicas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños da Zona Centro de Vigo denuncia “á gravísima situación que padecemos durante máis de dous meses nos últimos anos” pola instalación, por parte do Concello de Vigo, dun inmenso parque de atraccións e mercado a poucos metros das casas, comercios ou oficinas durante o período de Nadal.

Esta actividade comercial promovida polo Concello, “ameaza directamente a inviolabilidade do noso fogar, o descanso, a seguridade, a saúde, a protección do medio ambiente, a súa inviolabilidade. etc. Todos eles son dereitos fundamentais dos que alí vivimos ou traballamos”, sinala a asociación nun comunicado.

Por iso, os veciños decidiron recoller sinaturas en Change.org, cunha campaña chamada “Por un Nadal digno e feliz para todos os vigueses por igual”, na que conseguiron máis de 1.600 firmas de apoio. Explican que os niveis de ruído que se xeran pola instalación deste parque de atraccións e outros, incumpren as normativas legais europeas, estatais, autonómicas e as ordenanzas do Concello de Vigo Somos Zona ZAS.

“O Concello, contando coa súa maioría absoluta e como recoñeceu publicamente, considérase facultado para autorizar a instalación de todas estas actividades comercial, aínda sendo coñecidos como son, que vulneran os nosos dereitos fundamentais e as súas propias ordenanzas”, din.

Por todo isto, iniciaron os mecanismos que establece a lexislación para esixir que o Concello, poñer fin á montaxe e patrocinio desta actividade no medio das rúas do centro de Vigo. Para iso, piden a axuda económica dos afectados, e de todos os que se queiran solidarizar, para cubrir os gastos que ocasionan as medidas legais que van a tomar en contra do Concello.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...